Unha URDIME contra a violencia 💜

25N | UNHA URDIME CONTRA A VIOLENCIA 💜

Este curso escolar a nosa proposta para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller consistiu nunha intervención artística colaborativa que titulamos “Unha urdime contra a violencia” que levamos a cabo en Pontevedra, na praza de San Xosé, diante do Café Moderno, na coñecida praza dos músicos.

Fío a fío, persoa a persoa, a rapazada do CRA e a veciñanza que se foi achegando entrelazaron cintas moradas, violetas e púrpuras para construír unha urdime colectiva contra a violencia de xénero.

Unha intervención artística aberta que transcende os muros da escola, ocupa o espazo público e converte a arte nunha ferramenta de sensibilización, participación cidadá e transformación social.

Porque fronte á violencia, tecemos comunidade. 💜







Na escola estes días xa comenzaramos a argallar e a ensaiar a nosa intervención artística, creando un pequeno recuncho violeta, a cor das mulleres valientes. 














Comentarios

Entradas populares de este blog

Saída de outono 🌰🍂🍇