Hortiña de outono🌱🍂
Hoxe puxémonos mans á obra para poñer en marcha a nosa hortiña de outono . Pero, antes de plantar, tocou investigar, observar e organizar! Comezamos descubrindo que podiamos plantar nesta época do ano a través do libro "O gran libro da nosa horta" e a nova caixa de cartas " A nosa horta" de Blanca Millán, para así elaborar a nosa lista da compra para saber que mercar para plantar na nosa hortiña. Coa lista na man, visitamos Peyca , onde sempre nos reciben con moito agarimo e onde puidemos observar e escoller as plantas que levariamos para a nosa horta: coliflores, verzas, repolos, brócoli e col lombarda. De volta na aula, rexistramos todo o que mercaramos traballando en parella, identificando cada planta compoñendo o seu nome e rexistrandoa a través do debuxo. E puxémonos mans á horta! Para rematar, elaboramos un repelente natural para os caracois , triturando cascas de ovo e descubrindo alternativas naturais para protexer os nosos...