Hortiña de outono🌱🍂




Hoxe  puxémonos mans á obra para poñer en marcha a nosa hortiña de outono. Pero, antes de plantar, tocou investigar, observar e organizar!

Comezamos descubrindo que podiamos plantar nesta época do ano a través do libro "O gran libro da nosa horta" e a nova caixa de cartas "A nosa horta" de Blanca Millán, para así elaborar a nosa lista da compra para saber que mercar para plantar na nosa hortiña.











Coa lista na man, visitamos Peyca, onde sempre nos reciben con moito agarimo e onde puidemos observar e escoller as plantas que levariamos para a nosa horta: coliflores, verzas, repolos, brócoli e col lombarda. 









De volta na aula, rexistramos todo o que mercaramos traballando en parella, identificando cada planta
 compoñendo o seu nome e rexistrandoa a través do debuxo. 







 


E puxémonos mans á horta! 









Para rematar, elaboramos un repelente natural para os caracois, triturando cascas de ovo e descubrindo alternativas naturais para protexer os nosos cultivos.







As cáscaras sairon da noso mércores de merenda, onde desfrutamos duns deliciosos ovos revoltos elaborados por Laura e os seus axudantes. 




Agora tócanos observar, regar e coidar a nosa hortiña para ver como medra día a día

💚🌱




Comentarios

Entradas populares de este blog

As nosas mans tamén falan 👐🏽