Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Graduación 🧑🏼‍🎓👩🏽‍🎓🧑🏻‍🎓🧑🏽‍🎓

Imagen
 Hoxe graduamos a nosa Alma, ao noso Mario, ao noso Martín e ao noso Thiago Ferreira. Unha xornada moi emotiva na Casa da Cultura de Riomaior, onde despedimos aos nosos peques que marchan a primaria rodeados de familias e dos nosos compañeiros e compañeiros. Desfrutamos dunha marabillosa actuación e dunha entrega de orlas do máis especial.  Estamos seguros de que ides a pasalo en grande no voso novo cole e vos desexamos o mellor! O CRA e a Escola de Figueirido sempre será a vosa casiña ❤️

A nosa Tenda-Taller de Cerámica🍶

Imagen
Continuamos avanzando no noso PDI “CRArte: Das orixes á arte popular” , e neste terceiro trimestre estamos  achegándonos ao traballo co volume, ás formas e ás creacións en tres dimensións, descubrindo o mundo da cerámica e da artesanía. Para iso, inauguramos na escola o noso Obradoiro de Artesanía , un espazo de xogo, creación e experimentación onde modelar, observar e crear coas mans como auténticas artesás e artesáns e que incorpora un espazo de tenda, onde vender as súas creacións. Ademais, esta semana tamén elaboramos elaboramos en pequenos grupos a nosa propia pasta de modelar . Empregando fariña, sal, auga, aceite e cacao elaboramos a pasta coa que traballamos neste espazo. Unha proposta na que, ademais de experimentar e crear, traballamos cantidades, lectoescritura e cooperación. 🤎

Camiño de Santiago🗺️ ⬆️🌿

Imagen
  Hoxe o alumnado das escolas de Bértola, Figueirido e Paredes percorremos un tramo do Camiño Portugués acompañado polo alumnado de Infantil do CEIP de Tenorio.  Saíndo dende Figueirido, chegamos ata a capela de Santa Marta de Bértola, onde puidemos selar as nosas credenciais. Co mapa na man, fomos descubrindo ao longo do percorrido diferentes sinais característicos do Camiño Xacobeo. Unha experiencia de convivencia e aprendizaxe grazas ao programa VexoVeo Xacobeo  💙💛

Visita á Base Helitransportable do Campiño 🚁

Imagen
  Hoxe, Mario, Thiago, Alma e Martín, alumnado de 6º de Educación Infantil, visitaron xunto co resto dos compañeiros e compañeiras das escolas do CRA a Base Helitransportable do Campiño para afondar na prevención dos incendios forestais e na loita para extinguilos cando se producen. Alí, os bombeiros e bombeiras amosáronnos as instalacións e explicáronnos o importante labor que realizan. Tivemos a oportunidade de ver de preto a motobomba, aprender a manexar a mangueira e, por suposto, descubrir o helicóptero, que foi unha das partes que máis nos impresionou da visita. Foi unha xornada moi interesante e divertida na que aprendemos moito sobre o coidado dos montes e a importancia de previr os incendios forestais.