Visita á Base Helitransportable do Campiño 🚁

 




Hoxe, Mario, Thiago, Alma e Martín, alumnado de 6º de Educación Infantil, visitaron xunto co resto dos compañeiros e compañeiras das escolas do CRA a Base Helitransportable do Campiño para afondar na prevención dos incendios forestais e na loita para extinguilos cando se producen.

Alí, os bombeiros e bombeiras amosáronnos as instalacións e explicáronnos o importante labor que realizan. Tivemos a oportunidade de ver de preto a motobomba, aprender a manexar a mangueira e, por suposto, descubrir o helicóptero, que foi unha das partes que máis nos impresionou da visita.

Foi unha xornada moi interesante e divertida na que aprendemos moito sobre o coidado dos montes e a importancia de previr os incendios forestais.






































Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽