Saída de outono 🌰🍂🍇

O pasado mércores saímos ao encontro do outono visitando o noso Bosque Encantado, que, como sempre, nos recibiu cos brazos abertos e cunha morea de pequenos tesouros agardando por nós.

Follas, castañas, landras… fomos recollendo todo aquilo que a natureza nos ía ofrecendo para despois levalo á escola e seguir aprendendo con eles: clasificando, contando, debuxando, descubrindo os seus nomes e observando con calma os cambios que trae esta nova estación.

Durante o paseo tamén tivemos a sorte de facer unha pequena parada na finca do noso veciño Manuel, que, como cada ano, deixa unhas cantas uvas para nós. Así que aproveitamos para vendimar e, ao chegar á escola, gozamos dunha deliciosa merenda coa colleita!

Grazas, veciñanza, por formar parte da escola e facer que estas experiencias sexan aínda máis especiais!






















Comentarios