Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2026

SOUTO 🍂 🌰

Imagen
Preparámonos para o Magosto visitando o Souto do noso Martín, ao que fomos convidados a apañar castañas para asar mañá na Lagoa de Castiñeiras xunto co resto das escoliñas do CRA. Gozamos dos seus castiñeiros, apañamos castañas e pasamos unha mañá marabillosa neste lugar máxico.  Tamén xogamos coas cores do outono co Bingo de Cores da Bolsa Brincacontos que ven da nosa BiblioCRA, e que foi elaborado o curso pasado polo alumando do CRA.  Ademais… Na escoliña xa levamos uns días desfrutando do noso novo recuncho de xogo, o posto de castañas,  no que preparamos os cartos, os carteis e elaboramos os cucuruchos para xogar a asar e vender as nosas castañas.