SOUTO 🍂 🌰

Preparámonos para o Magosto visitando o Souto do noso Martín, ao que fomos convidados a apañar castañas para asar mañá na Lagoa de Castiñeiras xunto co resto das escoliñas do CRA. Gozamos dos seus castiñeiros, apañamos castañas e pasamos unha mañá marabillosa neste lugar máxico. 

Tamén xogamos coas cores do outono co Bingo de Cores da Bolsa Brincacontos que ven da nosa BiblioCRA, e que foi elaborado o curso pasado polo alumando do CRA. 
































Ademais… Na escoliña xa levamos uns días desfrutando do noso novo recuncho de xogo, o posto de castañas, no que preparamos os cartos, os carteis e elaboramos os cucuruchos para xogar a asar e vender as nosas castañas. 
















 

Comentarios

Entradas populares de este blog

As nosas mans tamén falan 👐🏽