Aprendendo sobre os cogomelos 🍄🟫🍂
Hoxe tivemos a sorte de adentrarnos no fascinante mundo dos cogomelos da man de Micael, irmán da profe Alba e todo un experto micólogo.
Explicounos como contribúen os cogomelos á vida e ao equilibrio dos bosques, de que se alimentan e que ferramentas utiliza Micael para saír na súa procura.
No noso bosque encantado agardábanos unha morea de cogomelos: champiñóns, peidos de lobo, níscalos…que puidemos observar e investigar de preto, empregando lupas, o endoscopio e diferentes libros informativos que nos axudaron a descubrir un pouquiño máis deste fascinante mundo.
Micael tamén nos ensinou que recoller cogomelos é unha tarefa que só deben realizar persoas expertas, xa que é fundamental saber identificalos correctamente. Descubrimos que, máis alá de recollelos, o seu papel na natureza é imprescindible para manter os bosques vivos e en equilibrio.
Unha mañá de exploración, descubrimentos e moita curiosidade. Grazas Micael por compartir connosco os teus coñecementos e contaxiarnos do teu amor polo bosque! 🍄





















































Comentarios
Publicar un comentario