Graciñas ás familias pola aportación de material para este proxecto e en especial ós nenos e nenas da escola de Bértola que hoxe compartiron con nós , " a caixa das fases da lúa". Moitas gracias.
O pasado mércores saímos ao encontro do outono visitando o noso Bosque Encantado , que, como sempre, nos recibiu cos brazos abertos e cunha morea de pequenos tesouros agardando por nós. Follas, castañas, landras… fomos recollendo todo aquilo que a natureza nos ía ofrecendo para despois levalo á escola e seguir aprendendo con eles: clasificando, contando, debuxando, descubrindo os seus nomes e observando con calma os cambios que trae esta nova estación. Durante o paseo tamén tivemos a sorte de facer unha pequena parada na finca do noso veciño Manuel, que, como cada ano, deixa unhas cantas uvas para nós. Así que aproveitamos para vendimar e, ao chegar á escola, gozamos dunha deliciosa merenda coa colleita! Grazas, veciñanza, por formar parte da escola e facer que estas experiencias sexan aínda máis especiais!
Comentarios
Publicar un comentario