MAGOSTO 🌰🍂
Hoxe celebramos o noso tradicional magosto na Lagoa de Castiñeiras acompañados do resto de escoliñas do CRA e das nosas familias. Unha xornada marabillosa onde houbo tempo de convivencia, de xogos tradicionais e dunha deliciosa merenda organizada polas familias e pola nosa ANPA Os Pequenos. Graciñas familias por facer comunidade!