A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

jueves, 7 de marzo de 2024

“Miña avoa nunca traballou”- 8M 💜


Para conmemorar o Día da Muller, traballamos a partir do poema de Iria Carreira Pazos, onde reivindicamos a labor das avoas, centrándonos na das avoas no rural. 

Primeiro reflexionamos sobre o texto empregando imaxes, o que nos deu moito que pensar sobre o título deste poema. Tamén descubrimos que son traballos coma a segha, a malla, a fiada… Despois interpretamos os traballos do avó e da avoa caracterizándonos, escenificando e gravando o texto. 

Tamén complementamos este traballo con outras lecturas sobre a muller coma “Maruxa”. 

Esperamos que vos guste !
 

















No hay comentarios:

Publicar un comentario