Hoxe pasamos a xornada co alumnado da Escola de Pousada, en Barciela. Primeiro desfrutamos do espectáculo do mago Paco, quen nos sumerxiu na maxia e no poder da imaxinación. Tamén desfrutamos de tempo de lecer neste espazo natural tan bonito.
Despois desprazámonos a escola de Barciela onde as mamas do ANPA tiñan preparados una obradoiros de igualdade a partir do conto “El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa” onde desfrutamos moito e celebramos o Día da Muller, o respecto e a igualdade 💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario