A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

jueves, 7 de marzo de 2024

Brochetas de froita 🍊🍌🍡

Hoxe tivemos unha mañá moi completa e deliciosa! A nosa Alma está de volta na escola e tróuxonos unha caixa chea de froita para celebralo (ademáis dun rico biscoito que do que desfrutamos o pasado luns). 

Aproveitando este agasallo, fixemos unhas brochetas de froita, non sen antes traballar o nome de cada unha delas, contar cantas tiñamos de cada unha, así coma calcular o total… Despois puxémonos mans a obra e pelamos, cortamos e fixemos as nosas brochetas seguindo as series das tarxetas. Unha vez que rematamos, limpamos todo, rexistrámolo de forma gráfica e a zampar! 































No hay comentarios:

Publicar un comentario