Saída de fin de curso: Casa do Patrón🌿

Hoxe realizamos a nosa saída de final de curso á Casa do Patrón en Lalín, museo etnográfico onde desfrutamos dunha xornada moi especial. 

Comezamos alternando un obradoiro de pan e outro de taeres, ao que lle seguiu un percorrido polo museo. Un conxunto de casiñas onde se recreaban oficios, costumes e xeitos de vivir antigos. Onde nos abraiamos cos utensilios que se empregaban para moer, facer tecidos, labrar…

Seguidamente realizamos un obradoiro de cerámica, no que a través do barro creamos un pequeno vasiño seguindo as indicacións. 

Despois comemos xuntos e convivimos con outras escoliñas do CRA e finalizamos a xornada por unha rutiña pola contorna do museo. 

Unha excursión moi especial coa que imos pechando este curso tan cheo de arte e artesanía. 
















































 

Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽