Saída de outono 🌰🌽
Hoxe a familia do noso Martín preparounos unha xornada de recolleita marabillosa pola nosa contorna. Primeiro apañamos castañas nun pequeno souto da familia onde atopamos castañas grandísimas e perfeccionamos a técnica de apertura de ourizos cos pes.
De seguido fomos a apañar millo corvo á sua plantación e desfrutamos moito escontando ao avó de Martín contándonos o proceso de crecemento do millo. Neste lugar tan especial, desfrutamos dunha deliciosa merenda onde non faltaba detalle.
Antes de voltar ao cole, observamos como medraban as cabazas de Martín e pasamos pola súa casa onde nos presentou aos seus animaliños con moito orgullo.
Foi unha xornada marabillosa! Grazas familia por facelo posible.
Comentarios
Publicar un comentario