ARTE COAS MANS: Documentación pedagóxica 2º trimestre
Rematamos este 2º trimestre no marco do noso "PDI CRARTE: Das orixes á arte popular" onde nos centramos no concepto de artesanía e puxemos o foco en crear arte a través das mans. Para despedilo, organizamos unha exposición sobre o traballo realizado que compartimos coas familias para achegar o traballo da escola e poñer o valor o traballo dos nenos e nenas. Grazas pola vosa implicación e felices vacacións! Participamos na preparación da exposición dos traballos que visitaron as familias como peche dun trimestre moi artístico. Grazas familias por achegarvos! OUTRAS FOTIÑOS DO TRIMESTRE E DA VIDA NA ESCOLA TECENDO... MESA DE COSTURA... ESCRITURA CREATIVA A PARTIR DAS NOSAS FOTOGRAFÍAS... A VIDA NA ESCOLA...