Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

PARABÉNS THIAGO F. 🎂

Imagen
Hoxe celebramos o aniversario do noso Thiago Ferreira que cumple 6 anos. Adiantamos un día a celebración para estar todos xuntos e desfrutar de este derradeiro aniversario na escoliña. Soplamos as velas, vimos as fotiños e preparamos un agasallo e unha coroa moi especial. Grazas Thiago por tanto tantísimo! ❤️

LETRAS GALEGAS 💙🤍 - CRAvivencia na Escola de Paredes

Imagen
Hoxe desfrutamos dunha xornada de convivencia na Escola de Paredes xunto aos nenos e nenas de Bértola co fin de conmemorar a Semana das Letras Galegas .  O motivo principal da visita foi visitar a nosa radio escolar, Radio Salgadiña , gozando da oportunidade de experimentar coa nosa voz e seguindo a liña da homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño , escritora, xornalista e activista que se recoñece pola súa labor na Radio Galega.  Así mesmo, complementamos a xornada cunha chea de contos de de autoría e ilustración galega que acompañaron diversas propostas de xogo na que desfrutamos moito compartindo, creando e convivindo cos compañeiros/as das outras escoliñas.  📻 “Os fíos de Begoña” —  Eva Mejuto e Nuria Díaz 🔎🪲Animáis de compañía — Mónica Carretero 🔩🔧 “ Quen é ese becho?” — Carmen Queralt 💦 “A música da auga” — Paula Merlán e  Marina Seoane 🏗️ “Nada de nada” — Antonio Rubio e  Óscar Villán 🎶“ Sei cantar e sei bailar” — Eva Mejuto e  Lucía Cobo ...