A nosa Tenda-Taller de Cerámica🍶
Continuamos avanzando no noso PDI “CRArte: Das orixes á arte popular”, e neste terceiro trimestre estamos achegándonos ao traballo co volume, ás formas e ás creacións en tres dimensións, descubrindo o mundo da cerámica e da artesanía.
Para iso, inauguramos na escola o noso Obradoiro de Artesanía , un espazo de xogo, creación e experimentación onde modelar, observar e crear coas mans como auténticas artesás e artesáns e que incorpora un espazo de tenda, onde vender as súas creacións.
Ademais, esta semana tamén elaboramos elaboramos en pequenos grupos a nosa propia pasta de modelar. Empregando fariña, sal, auga, aceite e cacao elaboramos a pasta coa que traballamos neste espazo. Unha proposta na que, ademais de experimentar e crear, traballamos cantidades, lectoescritura e cooperación. 🤎























Comentarios
Publicar un comentario