Camiño de Santiago de Arcade a Soutomaior🗺️⬆️🌿
Este venres conmemoramos o Día Mundial do Medioambiente gozando da natureza realizando un tramo do Camiño Portugués, dende Arcade ata Ponte Sampaio. Cos nosos petos e gorras do Xacobeo, xunto coa nosa credencial de peregrino, seguimos as flechas e cunchas que nos indicaban o camiño. Paramos a poñer o selo en diferentes lugares e descubrimos fontes, hórreos, lavadoriros e pontes parte do noso patrimonio.
Á chegada á Ponte Sampaio, desfrutamos dunha merenda e tempo de xogo cos compañeiros e compañeiras das outras escolas do CRA. Foi unha xornada marabillosa !
Días previos construimos o mapa do camiño de xeito conxunto, incorporando imaxes do patriomonio que nos iamos ir atopando ao noso paso
Antes da saída, tamén marcamos os nosos mapas, que levamos ao longo do mercorrido para ir seguindo o itinerario.


























Comentarios
Publicar un comentario