LETRAS GALEGAS 💙🤍 - CRAvivencia na Escola de Paredes

Hoxe desfrutamos dunha xornada de convivencia na Escola de Paredes xunto aos nenos e nenas de Bértola co fin de conmemorar a Semana das Letras Galegas

O motivo principal da visita foi visitar a nosa radio escolar, Radio Salgadiña, gozando da oportunidade de experimentar coa nosa voz e seguindo a liña da homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista que se recoñece pola súa labor na Radio Galega. 

Así mesmo, complementamos a xornada cunha chea de contos de de autoría e ilustración galega que acompañaron diversas propostas de xogo na que desfrutamos moito compartindo, creando e convivindo cos compañeiros/as das outras escoliñas. 















📻 “Os fíos de Begoña” — Eva Mejuto e Nuria Díaz



🔎🪲Animáis de compañía — Mónica Carretero








🔩🔧 “Quen é ese becho?”— Carmen Queralt




💦 “A música da auga” — Paula Merlán e 
Marina Seoane







🏗️ “Nada de nada” — Antonio Rubio e 
Óscar Villán



🎶“Sei cantar e sei bailar” — Eva Mejuto e 
Lucía Cobo





🎨🖌️“O alfabeto de Seoane” — Piu Martínez inspirado na obra de Luís Seoane.






🔠“Animalfabeto”Xosé Ballesteros e 
Miguel Ángel Díez



🪵🌿“A árbore tan pouco árbore” — Miguel Ángel Alonso Diz e Pérez Porto.



💩 “A caca cuca” — de Inacio Vilariño e Bea Gregores




Engadimos unha ultima proposta en relación ao Camiño de Santiago, onde voltamos a sacar as nosas credenciais para selar co selo de Brincacontos, rexistrando unha parada moi especial na Escola de Paredes. 




E por suposto, houbo tempo para una deliciosa merenda compartida e para tempo de lecer en boa compañía! 









Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽