PLANEA: Sesión 3 ✍️ 🔑🛎️📦
No primeiro espazo, comezamos cun pequeno quecemento corporal e retomamos o xogo de pasarnos o obxecto cuberto mantendo o contacto visual. Nesta ocasión, o pase realizouse de maneira libre, sen orde establecida, o que esixiu maior atención e conexión co grupo.
Aínda que o programa contempla introducir dous obxectos cubertos nesta sesión, decidimos manter un único, xa que o propio lanzamento e a escoita activa supoñen un reto axeitado para o alumnado. A segunda cubrición incorporarase máis adiante.
Ao son da campá, pechamos esta parte da sesión e pasamos ao terceiro espazo, onde continuamos ampliando o noso mural colectivo. Como en sesións anteriores, traballamos sobre o mesmo rolo de papel continuo, facendo medrar pouco a pouco a nosa creación común e dando continuidade ao proceso artístico iniciado semanas atrás.
Neste espazo realizamos a lectura do poema “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro, conmemorando o Día de Rosalía e integrando a poesía dentro da proposta artística. A escoita atenta e a conexión coa historia de Rosalía engadiron unha dimensión emocional moi especial á sesión.
















Comentarios
Publicar un comentario