Adorno de Nadal🌲🌿

Coma cada ano, realizamos un adorno de Nadal a partir de elementos da natureza propios da estación. Para iso traballamos ao redor das árbores e das follas que precisábamos para a súa elaboración, creando un carteliño que levamos as casas para recoller os elementos naturais coas familias. Ao longo da semana ían chegando as ramiñas que clasificamos, debuxamos, traballamos co seu nome... Tamén fomos pola nosa contorna a recoller e pedir á veciñanza as follas e ramiñas que precisabamos, aproveitando para desexarlle o bo Nadal.

Este xoves elaboramos estes adornos coa axuda dalgunhas familias que prestaron a súa axuda para dar forma a estes adornos naturais que levaron para casiña con moito agarimo. 

Grazas familias unha vez máis por vosa axuda e participación!
























Saímos pola contorna a recoller elementos naturais para o noso adorno. Grazas á veciñanza que nos abriu as portas das súas casas para recollelos.








Traballamos na aula previamente estes elementos para coñecer as árbores para recoñecelas na natureza a través da pantalla dixital e tamén de material manipulativo creando para a actividade. 















Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽