SAÍDA AO CAFÉ MODERNO 📸
Hoxe fomos a Pontevedra, ao Café Moderno, para visitar a exposición de fotografía Comedy Wild Life de Afundación. 🦦 📸
Encantáronnos todas as imaxes, especialmente a da lontra, que é divertidísima e moi simpática!
Aproveitamos a visita para reflexionar sobre o coidado do medio ambiente. É importante protexer a natureza e evitar contaminar, porque moitos animais sofren e incluso morren polos plásticos e outros residuos que xeramos. Por iso tamén falamos de como pequenas accións poden marcar a diferenza.
Despois da exposición fixemos xabróns de glicerina con forma de animais, que deixamos secar na nosa mordisecadora e logo gardamos no sobre de Mordisquiños🦁 🐻 🙉 . Escollimos facer xabón sólido, porque os líquidos adoitan vir en envases de plástico que xeran máis residuos e contaminan máis. 🧼🌍💚
Un día cheo de aprendizaxe, conciencia ambiental, creatividade e moita ilusión!






















Comentarios
Publicar un comentario