PARAUGAS CONTRA A VIOLENCIA ☂️
Para iso empregamos dous paraugas:
- O paraugas do “mal trato”, no que o alumnado foi colocando palabras negativas relacionadas con accións que non nos fan sentir ben: berrar, pegar, mandar, insultar, asustar…
- O paraugas do “bo trato”, onde escribiron palabras positivas que nos axudan a convivir dunha forma segura e respectuosa: axudar, coidar, abrazar, escoitar, respectar…
A través desta proposta o alumnado puido identificar emocións, recoñecer condutas que non debemos permitir e descubrir outras que favorecen o benestar propio e o dos demais. Tamén elaboramos debuxos para acompañar estas palabras que se incorporaron a
Os paraugas convertéronse nun símbolo visual moi poderoso para traballar a idea de protexerse e protexer, reforzando mensaxes de igualdade, apoio e respecto.
Grazas familias pola vosa colaboración aportando os paraugas!
Aproveitando a nosa Saída ao Café Moderno en Pontevedra, sacamos os nosos paraugas á rúa para manifestarnos en contra da violencia.

























Comentarios
Publicar un comentario