A Escola de Figueirido forma parte do CRA de Vilaboa.Consuelo González Martínez

miércoles, 11 de diciembre de 2024

Enfermeiros na escola🧑🏻‍⚕️👨🏽‍⚕️

 Hoxe tivemos unha xornada moi saudable grazas á familia da nosa Mía e o pai do noso Mario. Viñeron á escola a falarnos do seu traballo no hospital e da importancia dos hábitos saudables como promotores dunha boa saúde: exercicio físico, alimentación saudable, descanso, hixiene dental, hixiene de mans…

Desfrutamos moito co obradoiro de curas que tiñan preparado para nos, así coma a experiencia de recoñecer a nosa respiración ou tensión a través dun monitor. 

Tamén practicamos unha boa hixiene de mans a través dun xel que nos permitiu coñecer a súa efectividade a través dunha luz ultravioleta que facía brillar as suas mans. 

Rematamos cunha merenda saudable elaborada polos peques e cunha chea de agasallos dos nosos enfermeiros  

Moitísimas grazas familias por ensinarnos tanto e facernos pasar unha mañá tan marabillosa ! 















































No hay comentarios:

Publicar un comentario