RobotriCRA creativo 🤖

 Retomamos o obradoiro de robotiCRA con moitas ganas!

Seguimos coñecendo a True-True, o noso robot máis invernal, programándoo para que se dea un paseo polas letras dos nosos nomes. Escribimos, encendemos e colocamos a tarxeta co comando de seguir a liña para que percorra as grafías. Pero algunhas atascanselle!

















Despois, xogando cun dos libros que nos chegou na bolsa brincacontos, convertemos as nosas iniciais en criaturas marabillosas grazas á nosa super imaxinación ✨️










Tamén nos atrevemos a xogar coas formas, hipotetizando sobre se True-True conseguiría dar unha volta por cada una e debuxándoa para comprobar. Xa somos uns auténtic@s expert@s!
















Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽