Mariscamos en Vilaboa🐚

As nenas e os nenos das escolas de Bértola, Figueirido e Paredes participamos este martes na actividade Rutas Marisqueo da Deputación de Pontevedra, unha experiencia chea de descubrimentos e aprendizaxes arredor do marisqueo. 

Na praia de Deilán, convertémonos en mariscadores e mariscadoras por un día! Coñecemos os angazos e buscamos entre a area pequenos tesouros da nosa ría, como as ameixas e os berberechos. 🦪

Na lonxa, da man de Rita, descubrimos algúns dos aparellos que se utilizan no día a día e participamos en xogos e actividades para comprender mellor o seu funcionamento. Ademais, aprendemos a importancia de respectar os tamaños mínimos dos peixes e mariscos para coidar os recursos da nosa ría.

Foi unha mañá para observar, experimentar e aprender xogando, coñecendo de preto un oficio tan importante na nosa contorna e descubrindo a necesidade de respectar e coidar o medio mariño.






























Ademais tamén houbo tempo para xogar, convivir e desfrutar cos demais compis das escoliñas de Bértola e Paredes. 









Antes da saída, na escola, achegámonos ao mundo do marisqueo a través da nosa mesa sensorial, con area, redes, cunchas, ameixas e berberechos, así coma pequenas bonecas que simulaban ser mariscadoras. 




Ademais, no noso obradoiro semanal de lóxica matemática, partimos da experiencia vivencial e puxemos os zancos coma se fosen as botas das persoas mariscadoras. A partir deste xogo simbólico, realizamos unha proposta de clasificación de ameixas e berberechos, observando as súas semellanzas e diferenzas e agrupándoos segundo distintos criterios. Despois rexistramos de forma escrita a nosa proposta.













Comentarios

Entradas populares de este blog

As nosas mans tamén falan 👐🏽