OS NOSOS TRAXES 🌸🎗️🪶

Dentro do noso proxecto de centro CRArte: das orixes á arte popular, neste Entroido mergullámonos nunha das tradicións máis emblemáticas da nosa contorna: as Madamas e Galáns do Entroido de Cobres.

Partindo da observación das súas imaxes, identificamos na aula os elementos máis característicos dos seus traxes: lazos, flores, colares e outros adornos cheos de cor e detalle. Nomeamos as diferentes partes do traxe das Madamas e dos Galáns e, a partir desta análise, desenvolvemos propostas nas que o alumnado participou activamente no deseño e elaboración das súas propias creacións: deseño dos seus traxes, lectoescritura das partes do traxe, elaboración de colares, xogos de mesa elaborados da temática...

Entre todas e todos tamén redactamos unha nota colaborativa para enviar ás familias co material que precisabamos para confeccionar o noso traxe, facendo partícipe a toda a comunidade deste proceso, e clasificamos o material que ía chegando a aula e co que demos forma aos nosos traxes de entroido.

O resultado foi marabilloso: cada nena e cada neno levou o seu traxe, creado coas súas mans, sentíndose parte viva dunha tradición que segue a latexar xeración tras xeración. 

Grazas familias pola vosa colaboración! Que viva o entroido de Cobres!






























































Comentarios

Entradas populares de este blog

As nosas mans tamén falan 👐🏽