ENTROIDO 2026🎉


Hoxe celebramos o entroido na escola cunha CRAvivencia coas escolas de Bértola e Paredes. Comezamos a mañá facendo uns obradoiros moi especiais en pequenos grupos convivindo cos nenos e nenas das outras escolas.

OBRADOIRO DE COCIÑA

Elaboramos a receita tradicional das filloas. Coñecemos os ingredientes necesarios e participando na súa elaboración. Ademais, ampliamos a experiencia a través do xogo simbólico na cociña, recreando o proceso.










OBRADOIRO DE XOGOS DE COBRES 

Puxemos o corpo en movemento a través de coñecer os xogos tradicionais do entroido de Cobres, recreando a Corrida do Galo, a través dun circuito motor e o xogo do Galo no Río, realizando un xogo de equilibrio.











OBRADOIRO ARTÍSTICO 
Neste espazo, desenvolvemos un mosaico colaborativo inspirado no Entroido de Cobres, modelamos o Galo de Cobres e pintamos as Madamas e Galáns.










E tras unha chegada en paraugas á Casa da Cultura.... FESTA RACHADA!












GRAZAS!




Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽