Hoxe rematamos este primeiro trimestre co noso tradicional festival de Nadal que tivo lugar na Casa da Cultura de Riomario, onde nos xuntamos co resto de escoliñas do CRA. Desfrutamos das actuacións e da gran sorpresa final, cando o Reis Magos viñeron visitarnos e atender todos os nosos desexos para estas datas tan especiais.
Esperamos que pasedes unhas navidades marabillosas! Bo Nadal!
A pasada semana conmemorouse o Día Internacional das Persoas Xordas e quixemos aproveitar esta data para achegarnos, dende a escola, á comunidade xorda e descubrir outras formas de comunicarnos. Partimos do conto “1000 orellas” , da editorial Zorro Rojo, que nos axudou a reflexionar sobre a diversidade, a comunicación e a importancia de atopar diferentes maneiras de escoitar e expresarnos. A partir da historia, coñecemos o alfabeto dactilolóxico e puxémonos mans á obra… Reproducimos coas nosas propias mans cada unha das letras do alfabeto, fotografiámolas e escribimos tamén a súa representación gráfica. Así fomos creando, pouco a pouco, o noso propio alfabeto dactilolóxico, un pequeno recurso que quedará na escola para lembrar que hai moitas maneiras de comunicarnos e que todas merecen ser coñecidas, respectadas e valoradas.🤍 PD: Somos conscientes de que os signos non están representados á perfección. É a nosa humilde interpretación, feita con moitas ganas de aprender, achegar...
Comentarios
Publicar un comentario