VISITA CAMPO LAMEIRO🪨
Ao longo da xornada puidemos descubrir os petróglifos, facer cerámica de barro e experimentar coas técnicas de pintura prehistóricas, utilizando pigmentos naturais, tal e como facían as persoas da Prehistoria.
Pero, sobre todo, foi unha saída moi especial porque compartimos o día entre todo o alumnado das cinco escolas do CRA. Foi a primeira vez neste curso que comemos xuntos, gozando dun momento de convivencia e amizade que nos axuda a sentirnos parte dun mesmo proxecto.
Despois de xantar e xogar un pouco, voltamos á tarde con moitas historias que contar e ganas de repetir experiencias coma esta. 🌿✨












































Comentarios
Publicar un comentario