No marco do programa PIE “Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa” na modalidade “Reforzo da Inclusión Educativa”, para conmemorar o 3 de decenbro Día Mundial da Discapacidade fixemos unha investigación sobre o concepto de capacidade. A través dunha canción e de moita reflexión elas e eles mesmos conseguiron identificar as súper capacidades de todos. Coñecémonos moito e souberon identificar á perfección as supercapacidades dos seus compañeiros e compañeiras. Tamén traballamos de xeito paralelo a través do conto “INCREIBLES: los niños y niñas más extraordinarios que he conocido” que nos amosa un mundo cheo de personas diversas.
Gracias ao profe Luis e a súa familia de artistas por poñer música a nosa canción das capacidades.
Mudemos a nosa forma de mirar, estamos rodeados de personas extraordinarias cheas de súper capacidades.
Esta semana celebramos o primeiro aniversario do curso. O do noso Thiago, que convidounos a un delicioso biscoito feito con moito cariño. Entre todos fixemoslle unha súper coroa e un agasallo moi especial, que xa está na sua casiña. Moitos parabens Thiago, que cumplas moitos mais ❤️
Hoxe a familia do noso Martín preparounos unha xornada de recolleita marabillosa pola nosa contorna. Primeiro apañamos castañas nun pequeno souto da familia onde atopamos castañas grandísimas e perfeccionamos a técnica de apertura de ourizos cos pes. De seguido fomos a apañar millo corvo á sua plantación e desfrutamos moito escontando ao avó de Martín contándonos o proceso de crecemento do millo. Neste lugar tan especial, desfrutamos dunha deliciosa merenda onde non faltaba detalle. Antes de voltar ao cole, observamos como medraban as cabazas de Martín e pasamos pola súa casa onde nos presentou aos seus animaliños con moito orgullo. Foi unha xornada marabillosa! Grazas familia por facelo posible.
Comentarios
Publicar un comentario