Construcións con LEGO e moita organización - Sesión de RobotiCRA do 6 de novembro
Nesta sesión de RobotiCRA, traballamos con LEGO (en concreto co set 11042) un material que sempre esperta moitísima curiosidade e ganas de crear. Antes de comezar a construír, fixemos unha pequena reflexión conxunta sobre como é mellor ter o material organizado para atopar as pezas de forma máis rápida e sinxela e, feito isto, colocamos as pezas organizadas por cores.
Despois, por equipos, seguimos as instrucións paso a paso, seleccionando as pezas axeitadas, respectando as quendas e colaborando para conseguir o resultado final. Foi un momento de moita concentración e traballo cooperativo, no que cada un tivo o seu papel.
Unha vez rematadas as construcións, chegou o momento de desmontar e volver clasificar as pezas por cores, reforzando así a importancia da orde, a responsabilidade compartida e o coidado do material.
Tamén houbo espazo para a construción libre, aínda que a maioría do grupo se sentiu especialmente atraída por recrear os modelos tan divertidos e chamativos que aparecían na caixa, desexando conseguir o mesmo resultado que nas imaxes.
Foi unha sesión moi completa, na que combinamos organización, cooperación e creatividade a través do xogo con LEGO.


















Comentarios
Publicar un comentario