FIGUEBIBLIO📚🦘

Ola familias! Esta semana tivemos na escola unha visita moi especial. A nosa mestra Marta, coordinadora da BilbioCRA, veu acompañada de Brincacontos, o canguriño emblema da nosa biblioteca. 

Veu a axudarnos a organizar a nosa biblioteca de aula e a axudarnos a coñecer o funcionamento da mesma, para seguir formándonos como usuarios de biblioteca. Etiquetamos os nosos estantes da biblioteca e ordeamos os contos seguindo ao códigos de cor e a CDU.

Tamén aprendemos a empregar os marcadores de lugar que elaboramos ao longo destas semanas e que empregaremos na nosa biblioteca para tela ordeada, e que despois viaxarán á BiblioCRA para empregalos alí do mesmo xeito. 

Hoxe comenzamos cos préstamos da escola, onde cada mércores levarán un contiño para casa que terá que volver antes do seguinte mércores, para así poder levar outro nas súas bolsiñas, que os novos nenos e neas da escola elaboraron con moita ilusión.












ELABORACIÓN DOS MARCADORES DE LUGAR

Para elaborar os marcadores de lugar repetimos a técnica da antotipia no exterior e complementamos coas nosas fotiños para identificalos de mellor xeito. O resultado foi xenial!














Comentarios

Entradas populares de este blog

Súpercapacidades ❤️

PARABÉNS THIAGO 🎂