Esta semana puxémonos mans á obra para preparar o Obradoiro de Nadal que celebraremos con vós o luns. Comezamos investigando de forma grupal na pantalla, aprendendo sobre os elementos naturais que necesitariamos para confeccionar o noso adorno. Logo, saímos ao bosque a explorar a nosa contorna e atopar estes elementos, onde contamos coa axuda e colaboración dalgúns veciños moi amables que nos deixaron entrar nas súas casas para collelos.
De volta no cole, elaboramos uns pequenos listados co que aprenderamos para que poidades continuar a busca en familia esta fin de semana. Tamén secamos as laranxas: primeiro deixámolas repousar en sal para que perdesen a humidade, logo escurrímolas e, finalmente, secámolas no forno do cole.
Espero que vos tamén atopedes todos os elementos, se non non pasa nadao cole os recolectados por todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario