No marco do programa PIE “ Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa ” na modalidade “ Reforzo da Inclusión Educativa ”, para conmemorar o 3 de decenbro Día Mundial da Discapacidade fixemos unha investigación sobre o concepto de capacidade . A través dunha canción e de moita reflexión elas e eles mesmos conseguiron identificar as súper capacidades de todos. Coñecémonos moito e souberon identificar á perfección as supercapacidades dos seus compañeiros e compañeiras. Tamén traballamos de xeito paralelo a través do conto “INCREIBLES: los niños y niñas más extraordinarios que he conocido” que nos amosa un mundo cheo de personas diversas. Gracias ao profe Luis e a súa familia de artistas por poñer música a nosa canción das capacidades. Mudemos a nosa forma de mirar, estamos rodeados de personas extraordinarias cheas de súper capacidades.
Esta semana celebramos o primeiro aniversario do curso. O do noso Thiago, que convidounos a un delicioso biscoito feito con moito cariño. Entre todos fixemoslle unha súper coroa e un agasallo moi especial, que xa está na sua casiña. Moitos parabens Thiago, que cumplas moitos mais ❤️
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarGiaonhan247 chuyên dịch vụ mua hàng mỹ từ dịch vụ order hàng mỹ hay nhận mua nước hoa pháp từ website nổi tiếng hàng đầu nước Mỹ mua hàng ebay ship về VN uy tín, giá rẻ.