Entradas

Día de Rosalía🦉

Imagen
 Ao longo desta semana estivemos a traballar sobre a figura de Rosalía De Castro para conmemorar o seu día. Aprendemos e ilustramos o seu poema “O Moucho” en consonancia co noso proxecto sobre os animais. 

Terapia asistida con cans 🐶🐾

Imagen
 Hoxe visitaronos ña escola Trece e Sed, xunto coa súa terapeuta Iris e outros traballadores de Aldeas Infantiles, que nos ensinaron como estes peludiños traballan cos nenos e nenas e contribuén a mellorar a sus socialización, o desenvolvemento das habilidades emocionais e sobre todo a facelos máis felices. Nos desfrutamos moito coñecendoos, xogando con eles, así coma da sua compañía. Moitísimas grazas por vir! 

Traballamos cun circuíto 💡

Imagen
 Hoxe desfrutamos na escola dunha proposta da biblioCRA e montamos un circuíto para encender a barriga do noso amigo Brincacontos! Primeiro pegamos un camiño de cobre para que puidera viaxar a enerxía. Despois fixámonos moito para colocar correctamente os polos negativo e positivo do led no seu lugar. Picamos o buratiño para sacar o led polo bandullo de Brincacontos. E convertemos o círculo sobrante nun botón. Finalmente colocamos a fonte de enerxía en forma de pila no seu lugar... E fíxose a luz!!

Saída fonolóxica ao Bosque Encantado. Na procura dos sons

Imagen
 Esta mañá de venres aproveitamos que a choiva parou de regar Figueirido para saír na procura de sons e elementos da natureza. O Bosque encantado agasallaounos con F de folla, P de pau, T de terra…  Acompañados da profe Malores e o profe Pablo pasámolo moi ben e aprendimos moitísimo.