Traballamos cun circuíto 💡

 Hoxe desfrutamos na escola dunha proposta da biblioCRA e montamos un circuíto para encender a barriga do noso amigo Brincacontos!



Primeiro pegamos un camiño de cobre para que puidera viaxar a enerxía.




Despois fixámonos moito para colocar correctamente os polos negativo e positivo do led no seu lugar.




Picamos o buratiño para sacar o led polo bandullo de Brincacontos.



E convertemos o círculo sobrante nun botón.



Finalmente colocamos a fonte de enerxía en forma de pila no seu lugar...



E fíxose a luz!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽