Visita da residencia de maiores de Vilaboa 🫂
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa escoliña. Os maiores da residencia de Vilaboa viñeron a pasar connosco a mañá para realizar unha experiencia interxeneracional onde a delicadeza e o cariño foron os protagonistas.
Coñecémonos, comparamos as nosas idades, coñecemos onde vivían e desfrutamos da lectura “A que sabe a lúa?” que nos traían preparada. Tamén nos agasallaron cun marcapaxinas feito por eles que decoramos con moito agarimo. Tamén nos axudaron moito coa nosa hortiña e o xardín e houbo tempo para caricias, sorrisos e moita ilusión.
Unha experiencia marabillosa onde aprendemos a mirar a vellez coa sensibilidade e o respeto que merece. Grazas por esta oportunidade ❤️















Comentarios
Publicar un comentario