Preparámonos para o noso Maio 🌼🌿
Esta semana comezamos a traballar na prrparación do nos Maio. Saímos pola contorna a recoller os elementos naturais que precisamos para elaborar a nosa estructura que dará a benvida ao novo mes.
Con listado en man, percorrimos os arrededores da escola na procura de atopalos todos, e coa axuda da veciñanza conseguimos a nosa misión e incluso noso cartel dos agasallaron con doces para coller forzar para continuar o camiño.
Hoxe levamos o noso cartel dos elementos naturais que precisamos para que saiades a buscalos en familia e o traiades a vindeira semana para comezar a facer xuntos o noso Maio.
Cos elementos recollidos modelamos os nosos Maios a través de pasta para modelar á que lle fomos incorporando pampullos, margaridas, fiuncho e demais elementos naturais. Despois pintamos a pasta con acuarela verde dando máis cor as nosas composicións.
Para elaborar o noso cartel cos elementos dos Maios modelamos un a un os elementos con plastilina, tamén os ilustramos e traballamos o seu vocabulario.
































Comentarios
Publicar un comentario