Novas no noso patio 🌿
Hoxe inauguramos un novo columpio na nosa escoliña grazas á súa donación por parte da familia da nosa Mía e da axuda da familia do noso Juanjo, que traballaron arreo nestas vacacións para atoparnos con esta sorpresa ao chegar á escola.
Hoxe tocou inaugurala, con banda vermella e corte de tesoiras para darlle o valor que ten ter familias tan comprometidas na nosa comunidade.
Grazas infinitas por facer escola ❤️
Grazas familias !












Comentarios
Publicar un comentario