MANS Á HORTA 🌱🧑‍🌾

 Esta semana comezamos a poñer a punto a nosa hortiña e a plantar o que  coidaremos e veremos medrar ao longo deste trimestre. 

Comezamos coa nosa visita a PEYCA, onde coa lista da compra, buscamos as plantiñas que seleccionamos para plantar este ano: leitugas, cabaciñas, berenxenas, amorodos…

Ademais de atopar todo o que buscábamnos, regaláronnos gorras e bolígrafos para todos! Moitas grazas ☺️




Arrincamos as herbiñas da horta e estreamos os novos guantes de traballo da escola, que deron para traballar a lóxica-matemática facendo prellas, contando e facendo sumas. Todo é unha oportunidade de aprendizaxe! 




Collimos o compost do noso composteiro e peneiramolo para poñelo na nosa hortiña e preparar a terra para plantar. 




Identificamos as plantas coa súa fotografía e nome antes de plantalas, traballando tamén o vocabulario das horatalizas. 




E puxémonos mans á horta plantando coa axuda da familia da nosa Lía e a avoa do noso Junajo que achegáronse á escoliña para botarnos unha man na nosa plantación.  





















Graciña por colaborar familias! ❤️


Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽