DÍA MUNDIAL DA ARTE - GRAN CUBRICIÓN 📦



Hoxe celebramos o Día Mundial da Arte creando unha intervención artística cubrindo o camiño que une o Concello coa BiblioCRA, empregando as súas propias creacións realizadas durante o Proxecto Lapis: obxectos e cubricións, integrado na Rede Planea de Arte e Escola, no que estamos inmersos este curso. 

Esta acción converteu o espazo público nun lugar de expresión artística e encontro entre escolas, poñendo en valor a creatividade, o traballo colaborativo e a presenza e importancia da arte na vida de todos e todas.

Agradecer á familia da nosa Mía a presenza na actividade, documentando a través do dron o proceso de creación.

 Grazas ❤️










Tamén houbo tempo para compartir a merenda e visitar o Concello, onde se atopa a exposición de fotografía “Vilaboa: unha contorna sorprendente” feita a partir da colaboración dos tres centros educativos do concello. 







Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽