FOTOGRAFÍA 📸
Con motivo do Día das Artes Galegas xurdiu a iniciativa realizar unha exposición de fotografía conxunta entre os centros educativos de Vilaboa, xa que o homenaxeado deste ano é José Suárez, fotografo galego.
Por iso, na aula mergullámonos nunha nova experiencia artística: aprender a mirar para poder fotografar. Para iso pedimos a colaboración das familias para crear unha instalación que transformou o espazo nun pequeno museo da imaxe. Cámaras antigas e actuais, fotografías, álbums familiares… Observamos os negativos a través da mesa de luz, as lupas e as lanternas e descubrimos que a fotografía non é só unha imaxe… é luz, é tempo e é mirada.
Clasificamos as imaxes atendendo ao seu aspecto, e pensamos con que cámara poideron ser feitas cada unha. O servando a evolución da fotografía e das cámaras fotográficas.
Pouco a pouco fomos entendendo que fotografar non é “premer un botón”, senón escoller que parte do mundo queremos gardar.
📅 Lembrámosvos que o último día para entregar as fotografías é o luns 9 de marzo.




































Comentarios
Publicar un comentario