Celebramos a PAZ con Anxo Moure 🕊️

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia xunto con Anxo Moure, como xa é tradición.

Debido á climatoloxía adversa, non puidemos visitar a nosa Flor da Paz nin celebrar a carreira solidaria, que queda adiada ata que o tempo o permita. 🌧️

Ao longo do día, Anxo percorreu as cinco escolas cos seus contos e cantigas, contaxiando aos nenos e nenas a súa ilusión por construír un mundo mellor, máis xusto e cheo de paz.

As súas cariñas son o mellor exemplo de coma Anxo lles recorda cada ano o importantes que son, o poder que teñen para ensinarlles ao mundo como eles e elas son personitas tolerantes, respectuosas e cheas de pureza.

Porque educar en paz é sementar futuro. Grazas sempre Anxo. 💙























Comentarios

Entradas populares de este blog

PARABÉNS THIAGO 🎂

Saída de outono 🌰🌽