CEBOLAS 🧅
Continuamos co noso proxecto CRArte: da orixe á arte popular, mergullándonos nun novo experimento artístico para descubrir como podemos crear pintura a partir dun elemento tan cotián como a cebola.
Cada neno/a trouxo unha cebola da casa, o que xerou moita expectación e curiosidade. Observámolas, ulímolas, tocámolas e falamos das súas partes. A seguir, pelamos as cebolas para conseguir as peles secas, que serían a base da nosa investigación.
Enchimos tres botes de cristal con diferentes cantidades de pel: moito, medio e pouco. Despois, cubrímolas con auga quente, facendo hipóteses sobre o que acontecería. A intención era obter tres tonalidades diferentes partindo do mesmo elemento.
Os botes quedáronse repousando toda a noite. Ao día seguinte, colamos a auga e descubrimos os nosos pigmentos naturais: tres cores douradas, cada unha cunha intensidade distinta.
Na parte artística, cada neno e nena creou a súa propia obra, pintando cos pigmentos obtidos e incorporando tamén algunhas peles de cebola ás creacións. Foi unha experimentación libre, expresiva e moi rica, onde puideron xogar coa textura, co ton e coa transparencia.
A actividade converteuse nun encontro entre ciencia e arte: ver, tocar, preguntar, predicir, transformar e crear. Un proceso completo que nos permitiu descubrir que a natureza tamén é unha enorme paleta de cores, só hai que saber obsérvala e experimentar con ela.




















































Comentarios
Publicar un comentario