25N MORADO 💜
Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e seguindo o noso PDI CRArte: da orixe á arte popular, fixemos un experimento para crear a cor violeta, a cor das mulleres valientes.
Para iso, seguindo a nosa investigación sobre as cebolas, empregamos a súa pel morada para crear o noso pigmento. Tras investigalas, pelámolas e enchimos botes coas súas peles onde engadimos auga quente. Para mellorar o pigmento incorporamos fariña de millo para que fose máis densa.
Unha vez obtido o pigmento, mergullámonos nun ambiente de luz e música onde realizamos as nosas composicións artísticas, onde resaltamos a importancia desta cor morada coma símbolo contra a violencia.
PROCESO ELABORACIÓN































Comentarios
Publicar un comentario