ANTOTIPIA🖌️☀️
Iniciamos o proxecto deste curso “CRArte: das orixes á arte popular”, a través da técnica da antotipia. Para iso preparamos unha mestura de cúrcuma e alcohol, coa que pintamos os nosos lienzos. Sobre eles colocamos as letras dos nosos nomes e tamén follas e outros elementos propios do outono recollidos nas saídas anteriores.
Despois cubrimos cun acetato e deixámolo ao sol durante todo o día, facendo hipóteses sobre o que podería pasar.
Ao día seguinte chegou o momento máis esperado: destapamos as nosas creacións e descubrimos como a luz do sol fixera o seu efecto, deixando marcada a silueta dos obxectos sobre o fondo amarelo da cúrcuma. Este é o proceso da antotipia: a luz actúa sobre o pigmento natural e vai “borrando” a cor das zonas expostas, mentres que as partes protexidas permanecen máis escuras.
Finalmente lavamos os papeis con auga e bicarbonato e puxémolos a secar, observando cómo este proceso fai mudar de cor as nosas composicións. O resultado foi marabilloso, unha creación única, feita con pigmentos naturais e a luz do sol.
Comentarios
Publicar un comentario