Para conmemorar o Día da Lingua Materna, mergullámonos no mundo da choiva a través do libro “As caras da miña choiva” de Kristina Sabaite. Inspirándonos nel, creamos conxuntamente un cartel na pantalla dixital, reunindo os distintos nomes que a choiva ten en galego.
Con todas estas achegas, elaboramos un pequeno libro que agora forma parte da nosa rutina diaria: cada mañá identificamos o tipo de choiva e rexistramos o seu nome nos cristais da aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario